Follow this blog with bloglovin

Follow on Bloglovin

martes, 15 de mayo de 2012

Dime todo e non me digas nada.

Dime que non derramei todas esas bágoas inútilmente.
Dime que non, e esa negativa será a que máis afirme a verdade; ou dime que si e sumemonos na máis grande das mentiras.
Cóntame que os meus ollos son doces coma a canela, que eu direiche que os teus beizos son amargos coma o vinagre.
Dime que as miñas sutiles ironías eran as máis ledas daquel melancolioso inverno.
Afírmame que a miña voz albergaba as esperanzas esvaecídas polas túas cousas de rapaces pequenos.
Cóntame que o olor a verniz era o teu preferido e eu direiche que o meu era o do biscoito quente.
Tan só dime que non estiven a camiñar dando voltas. Só iso. Dimo, que marcho.

2 comentarios:

  1. Que raro e ver outra galega no blogger case nade de Galiza ten blogger.
    Bicos!!

    ResponderEliminar