Follow this blog with bloglovin

Follow on Bloglovin

martes, 6 de mayo de 2014

Pensamento.

Tomada mentres Laura máis eu estabamos tiradas na herba dunha leira allea alá polas Brañas.

 Ás veces deixo de existir para logo voltar en min e enfadarme. Penso en nada e en todo. No por que das tripas.

Na traxedia: húmida e brutal.

lunes, 28 de abril de 2014




Os bosques son lugar onde explorar. Tras a expedición de recoñecememnto o día anterior (con pés enlamados tamén), voltamos ao día seguinte día Laura e eu ao mesmo sitio.
Son só tres fotos, non me deu tempo a escoller máis, pero estou satisfeita co resultado.






domingo, 23 de marzo de 2014

Every five minutes


Debruzo a forma 
dos cadaleitos inútiles
da flebite.
Seino: a planificación leva a ningures.

Nese intre, ti e Taipei
un tigre no mar do norte;
e eu constrúo na ducha
esquezo e produzo
nin entendo nin comparto.




domingo, 29 de septiembre de 2013

Touch my neck, and I'll touch yours.


The Neighbourhood - Sweater Weather
<Inside this place is warm, outside starts to pour.>


Perfilábaste 
sen chíar.
Entre o millo
corrías 
-inmune ao tempo-.


.

Violar o pensamento.





<The point is still the silence of your voice.>

Aquí están as derradeiras fotos que saquei. Un día fun á casa de Laura e fomos pasear á súa cadeliña e buscar amoras -cómo me gustan as medio vermellas e negras, e adentrámonos nun camiño entre as Brañas. Podedes imaxinar o meu abraio e contento ao atopar sitios marabillosos. Así, ao día seguinte despuxemos todo e marchamos de excursión. Pasamos unha tarde xenial a pesares dos mosquitos -que case nos comen- e a calor que ía. Deso vai case un mes, pero máis vale tarde que nunca.











lunes, 9 de septiembre de 2013

Into the woods.
















Onte foi a primeira vez que me planteei editar fotos en serio. Pero non me gustan as fotos súper-híper-mega retocadas, que parecen falsas. As fotos que teño editadas estáno lixeiramente. Un branco e negro por aquí ou un lixeiro filtro por acolá. Onte xoguei co horquillado. Gústanme as fotos escuras.
Como non son unha profesional en mundos informáticos, decidín usar o PhotoScape -de toda a vida-, pero indagando un chisco máis. Gústame o resultado para ser a primeira vez.


Creo que subir ao monte de Boiro e ir Loreto máis eu de exploradoras valeu a pena.



domingo, 28 de julio de 2013

Sorry if I smothered you.




Apandas.
Procurámonos sen ollos.
Acaricias cancións
e evocas á adolescencia.


Últimamente é todo moi confuso, borroso. Ideas se aclarar e moitas xuntas á vez.

lunes, 1 de julio de 2013

I'll be back to love you again


Apareces 
en realidades
hipnóticas.
-Cuspes sangue de arterias esmagadas polo esquecemento-.
Na túa futura 
(e eterna)
estadía
nas miñas entrañas, 
berras.

Comezan dous meses de recordos diarios e de novas experiencias.


miércoles, 26 de junio de 2013

Punto morto.


Sumímonos
nunha agonizante
caída libre
entre a realidade
que queriamos
e no inmenso vacío
dos nosos corpos.

Como todas as noites
agosto visítame.
E camas alleas.






miércoles, 22 de mayo de 2013

#195




Moitas veces
esnaquizaría
as túas vértebras.
Só para que me sentiras.


Sen fotos novas, que depresión.

jueves, 4 de abril de 2013

sábado, 16 de marzo de 2013

Felices 16, Paula.

Aínda que o meus aniversario foi o día 4, non tiven tempo a celebralo ata onte. Fomos a cenar ao Alfolí -pouco imaxinativo, seino- e despois Laura e Débora mercamos velas e un clipper e puxemonos cal tres mendicantes pirómanas no espolón. Paseino moi ben, "xenial" é unha palabra que se queda curta para descirbir o día de onte. Sacamos moitas fotos, e as bichiñas das miñas amigas e Manuel agasalláronme cousas preciosas. Deixovolas aquí.


Presentovos ao meu gato Bigotes, cortesía de Ana e Sara.


Non sabedes o ben que cheiran *__*



"Ola, chámome Paula e vou caer".

Ana e Sara. Non son adorables?



Isto só é unha pequena porción de papeis.

E isto outra. Estaba todo cheo de papeis.



A ver onde atopo eu alguén máis alto ca min con isto posto.

Débora, preciosa.

Cantádeme o cumpreanos feliz, porcalláns.

Laura e Sara, feitas dúas peixas.

Laura Sixto xoga ca exposición.




Laura Sixto, tan asdfghjkl




 Sede felices!