Follow this blog with bloglovin

Follow on Bloglovin

Sobre unha mapoula.

"HAI ESQUINAS VIOLENTAS NA ALEGRÍA"
Lupe Gómez, de Os teus dedos na miña braga con regra.

"Loving her was like shaking hands with the devil" (Jack Carson en "Mildred Pierce". 1945)

Podemos considerar falar dun mesmo coma un acto egoísta. Podemos, tamén, consideralo narcisista, egocéntrico, vanidoso ou presuncioso. Acéptase.

Unha vez escrito este parrágrafo non sería de bo gusto falar de min. Falemos de vós. De ti, que les isto.
Cantas veces procuras o agocho nas falsas historias dun libro? Cantas tentas imaxinar todo o que ocorre detrás dun poema? Detrás de todo o que se escribe agóchanse milleiras de voces que berran, que cantan liberdade.
Ler é perigoso. Só digo iso. Que se abran as vosas mentes. Revolucionádevos coma indios e indias. Non vos atedes a nada.

Estou aquí para escribir poesía. Escribirche, amor. Non sei se dictaminala con esa verba, pero creo que algo se aproxima.
Ás veces tiro fotos á xente. Ás veces rozo as espectativas.

Mentres, procuro pensar como sería para vós perdervos no voso propio paradiso- como sería perderche, amor?

No hay comentarios:

Publicar un comentario