Follow this blog with bloglovin

Follow on Bloglovin

sábado, 16 de marzo de 2013

Felices 16, Paula.

Aínda que o meus aniversario foi o día 4, non tiven tempo a celebralo ata onte. Fomos a cenar ao Alfolí -pouco imaxinativo, seino- e despois Laura e Débora mercamos velas e un clipper e puxemonos cal tres mendicantes pirómanas no espolón. Paseino moi ben, "xenial" é unha palabra que se queda curta para descirbir o día de onte. Sacamos moitas fotos, e as bichiñas das miñas amigas e Manuel agasalláronme cousas preciosas. Deixovolas aquí.


Presentovos ao meu gato Bigotes, cortesía de Ana e Sara.


Non sabedes o ben que cheiran *__*



"Ola, chámome Paula e vou caer".

Ana e Sara. Non son adorables?



Isto só é unha pequena porción de papeis.

E isto outra. Estaba todo cheo de papeis.



A ver onde atopo eu alguén máis alto ca min con isto posto.

Débora, preciosa.

Cantádeme o cumpreanos feliz, porcalláns.

Laura e Sara, feitas dúas peixas.

Laura Sixto xoga ca exposición.




Laura Sixto, tan asdfghjkl




 Sede felices!

jueves, 14 de marzo de 2013

#126



Non deixes de doerme,
arráncame as costras. 

Fálame de Reykjavik
comigo espida 
baixo as túas sabas.



martes, 5 de marzo de 2013

#117




Prometo 
agasallarche
coas miñas realidades
máis abismais.
 

Onte foi o meu cumpleanos mentres íamos de excursión a Lugo.

sábado, 2 de marzo de 2013

#114




Diferentes.
Mesma tendencia
á autodestrucción.


Laura no Pazo da Retén, na excursión do Roteiro de Rosalía de Castro.