Non deixes de doerme,
arráncame as costras.
Fálame de Reykjavik
comigo espida
baixo as túas sabas.
Queremos,
temos
e non nos conformamos.
Así de sinxelo
Tan triste e real.
E despois queren ser unha oda á esperanza.
A túa voz
esconde
todo o que me queres,
garda para min
as verbas máis bonitas
e fala na lingua
ca que me bisba a milímetros
dos meus beizos.