"HAI ESQUINAS VIOLENTAS NA ALEGRÍA"
Lupe Gómez, de Os teus dedos na miña braga con regra.
![]() |
| "Loving her was like shaking hands with the devil" (Jack Carson en "Mildred Pierce". 1945) |
Unha vez escrito este parrágrafo non sería de bo gusto falar de min. Falemos de vós. De ti, que les isto.
Cantas veces procuras o agocho nas falsas historias dun libro? Cantas tentas imaxinar todo o que ocorre detrás dun poema? Detrás de todo o que se escribe agóchanse milleiras de voces que berran, que cantan liberdade.
Ler é perigoso. Só digo iso. Que se abran as vosas mentes. Revolucionádevos coma indios e indias. Non vos atedes a nada.
Estou aquí para escribir poesía. Escribirche, amor. Non sei se dictaminala con esa verba, pero creo que algo se aproxima.
Ás veces tiro fotos á xente. Ás veces rozo as espectativas.
Mentres, procuro pensar como sería para vós perdervos no voso propio paradiso- como sería perderche, amor?

No hay comentarios:
Publicar un comentario