Follow this blog with bloglovin

Follow on Bloglovin

lunes, 1 de julio de 2013

I'll be back to love you again


Apareces 
en realidades
hipnóticas.
-Cuspes sangue de arterias esmagadas polo esquecemento-.
Na túa futura 
(e eterna)
estadía
nas miñas entrañas, 
berras.

Comezan dous meses de recordos diarios e de novas experiencias.


miércoles, 26 de junio de 2013

Punto morto.


Sumímonos
nunha agonizante
caída libre
entre a realidade
que queriamos
e no inmenso vacío
dos nosos corpos.

Como todas as noites
agosto visítame.
E camas alleas.






miércoles, 22 de mayo de 2013

#195




Moitas veces
esnaquizaría
as túas vértebras.
Só para que me sentiras.


Sen fotos novas, que depresión.

jueves, 4 de abril de 2013

sábado, 16 de marzo de 2013

Felices 16, Paula.

Aínda que o meus aniversario foi o día 4, non tiven tempo a celebralo ata onte. Fomos a cenar ao Alfolí -pouco imaxinativo, seino- e despois Laura e Débora mercamos velas e un clipper e puxemonos cal tres mendicantes pirómanas no espolón. Paseino moi ben, "xenial" é unha palabra que se queda curta para descirbir o día de onte. Sacamos moitas fotos, e as bichiñas das miñas amigas e Manuel agasalláronme cousas preciosas. Deixovolas aquí.


Presentovos ao meu gato Bigotes, cortesía de Ana e Sara.


Non sabedes o ben que cheiran *__*



"Ola, chámome Paula e vou caer".

Ana e Sara. Non son adorables?



Isto só é unha pequena porción de papeis.

E isto outra. Estaba todo cheo de papeis.



A ver onde atopo eu alguén máis alto ca min con isto posto.

Débora, preciosa.

Cantádeme o cumpreanos feliz, porcalláns.

Laura e Sara, feitas dúas peixas.

Laura Sixto xoga ca exposición.




Laura Sixto, tan asdfghjkl




 Sede felices!

jueves, 14 de marzo de 2013

#126



Non deixes de doerme,
arráncame as costras. 

Fálame de Reykjavik
comigo espida 
baixo as túas sabas.



martes, 5 de marzo de 2013

#117




Prometo 
agasallarche
coas miñas realidades
máis abismais.
 

Onte foi o meu cumpleanos mentres íamos de excursión a Lugo.

sábado, 2 de marzo de 2013

#114




Diferentes.
Mesma tendencia
á autodestrucción.


Laura no Pazo da Retén, na excursión do Roteiro de Rosalía de Castro.

lunes, 25 de febrero de 2013

#109



Caerei
de bruces contra o chan.
(Mentres tanto
adícome a lembrar
cada unha 
das túas
vértebras).



Non quedou como eu quería, e tampouco teño fotos novas, e tiro das vellas :/

jueves, 21 de febrero de 2013

#105.





Ninguén me dixo que ías quedar marcado en min.
Estirar ata case me romper.
Deixarme nos ósos.
-Impertinentemente-
seráns de entre tempo.




'Cause I'll be next to your bones.

martes, 19 de febrero de 2013

lunes, 18 de febrero de 2013

#102.





Inexistir 
mentres ti me amas.
Perseguir anacos de firmamento.
Comerche a boca.
Cuspirche doenzas 
intratábeis.
Amargura.
Paradisos.
Tabaco.
Alcol.
Ti.





domingo, 6 de enero de 2013

viernes, 28 de diciembre de 2012

(Primeiras fotos ca cámara nova)

Esta gústame moito, (lémbrame a unha de Antía *_*)
Padrón e o Nadal

Laura

O Xardín Botánico





Tal e como as sacou a cámara.

sábado, 10 de noviembre de 2012


Soñabas comigo nos finais do verán.
Coñecechesme en novembro.
E amáchesme polo Nadal.
Vivimos. Rimos. Calamos.
Por marzo xa non rondaba na túa mente.
E nunca xamais.

lunes, 5 de noviembre de 2012

Espero atoparte
nunha tarde de chuvia
Entre as túas sabas.
Entre os teus brazos.
Entre os teus beizos.



Bon Iver - Skinny Love